CAMIÑO

Santiago e outros oito concellos promocionan oficialidade do Camiño Inglés da man da regata La Solitaire Urgo Le Figaro

07/09/2018 Os regatistas de La Solitaire Urgo Le Figaro peregrinaron esta tarde a Santiago de Compostela dende a ría de Muros-Noia. A Catedral converteuse así no escenario da foto oficial da segunda etapa desta proba, que serviu de acto promocional da oficialidade do Camiño Inglés.

O segundo tenente de alcalde, Jorge Duarte, xunto con outros representantes dos concellos de Santiago, Ames, Brion, Lousame, Muros, Noia, Outes, Porto do Son e Rois; asociacións das rutas xacobeas e membros da organización da regata, participaron neste acto.

Grazas á intervención da ARD (Asociación Rural de Desenvolvemento), a Regata La Solitaire Urgo Le Figaro tivo como porto de destino da súa segunda etapa a Ría da Estrela. Este sábado, na terceira etapa, a flota de case 40 embarcacións partirá cara a rexión francesa dos Países do Loira, con chegada na poboación de Saint Gilles Croix de Vie, a unhas 440 millas náuticas (814 quilómetros).

Compartir: