ALCALDÍA

Santiago e Ourense miran ao futuro

19/01/2007 Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao candidato socialista á alcaldía de Ourense, Francisco Rodríguez. Ámbolos falaron de temas de actualidade que afectan ás dúas cidades e de colaboracións para o futuro.

Por outra parte, e tamén en Raxoi, Sánchez Bugallo reuniuse co secretario xeral da Oficina Internacional de la Educación Católica (OIEC), Ángel Astorgano. Trátase dunha organización non gobernamental fundada 1952 e con representación nos cinco continentes. Agrupa a máis de 44 millóns de alumnos en todo o mundo e mantén relacións formais coas axencias e institucións internacionais que traballan no ámbito da educación.

Compartir: