MOCIDADE

Novo curso de formación en curtametraxes no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche

19/01/2007 a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, inaugurará o sábado 20 de xaneiro, ás 12 horas un curso de curtametraxes para mozos e mozas no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.

O curso, impartido por Mr. Misto Films, é unha iniciación ao mundo da curtametraxe na que os participantes, logo dunhas nocións básicas sobre a elaboración xeral cinematográfica e a gravación en vídeo, desenvolverán as diferentes fases de que consta a elaboración dunha curtametraxe.

Os 25 participantes traballarán desde o proceso inicial de produción ata a dirección práctica do mesmo, pasando polo traballo de escolla de actores, que serán voluntarios/as ou participantes no propio curso.

O curso é gratuíto e ten unha duración de trinta horas. Impartirase os sábados dende o 20 de xaneiro ata o 10 de marzo.

Compartir: