BANDA MUNICIPAL

Concerto da Banda Municipal compostelana en Grandola

04/05/2005 A Banda interpretará varias obras nun concerto homenaxe ao famoso trovador moderno José Afonso.

A Banda Municipal de Música de Santiago participará o vindeiro sábado 7 de maio nun intercambio cultural que terá lugar en Grandola (Portugal) con motivo da celebración do aniversario da Revolución dos Caraveis.

No concerto, enmarcado dentro dun acto de homenaxe ao artista portugués José Afonso, interpretaranse as seguintes obras, dirixidas por Casiano Maquieira:

Pasodobre Compostela...............................Bernardo del Río
Impresións galegas.........Suite....................E.Saavedra
1812..............................Obertura..............Tchaikowski
Cançons de Mare.............Suite....................Rafael Taléns
A boda de Luis Alonso..............................Gerónimo Jiménez

A Banda Municipal de Santiago será substituída no seu tradicional concerto dos domingos pola Banda de Santa Cruz de Ribadulla, que presentará un disco recopilatorio no Teatro Principal ás 12 horas o 8 de maio. Programa:

I
Fina Blasco......................Pasodobre..........Rafael Taléns
Divine Comedy.........................................R. W. Smith
II. Purgatorio
III. Ascensión
IV. Paradiso

II
Punchinello...........................Obertura..................A. Reed
Mar i Bel......Malagueña para trompeta e banda......F. Ferrán Solista: Fernando Rey Iglesias
La del manojo de rosas...........Preludio.............P. Sorozábal

Compartir: