EDUCACIÓN

Ilustradores e escritores ofrecen a súa visión da natureza no Ensanche

18/01/2007 "Plantando libros" é o título dunha nova exposición que vén de abrir no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche. Recolle orixinais de membros da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) acompañados por textos de diversos autores. Estará aberta ata o 17 de febreiro.

Son 78 os artistas, entre escritores e ilustradores, que participan na mostra, ofrecendo a súa visión da natureza. A particularidade da proposta é que os escritores realizaron os seus textos tomando como inspiración as ilustracións previas. A mostra fai gala de que "non hai límites para plantar historias e que polo tanto a semente pode nacer invertindo o proceso ", de xeito que a imaxe "sexa o xermolo do que finalmente medre a propia historia".

Alumnos do Pío XII participaron na inauguración desta mostra e acompañaron á concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos. Tamén estiveron o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luis Bará, e o ilustrador e membro da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, Óscar Villán. Trala presentación da mostra, os rapaces puideron gozar dunha sesión de contacontos.

Compartir: