ALCALDÍA

O alcalde recibe os/as participantes no campamento Félix Rodríguez de la Fuente

27/07/2018 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, recibiron esta mañá na praza do Obradoiro os mozos e mozas do campamento Félix Rodríguez de la Fuente, que do 19 ao 27 de xullo, recorreron os 156,7 quilómetros que separan o Alto do Cebreiro de Santiago.

Na expedición tamén estivo a filla do naturalista e directora da Fundación Félix Rodríguez de la Fuente, Odile Rodríguez de la Fuente. Os/as participantes no campamento construíron unha frecha amarela coas experiencias das persoas que realizaron o Camiño e convidaron a Martiño Noriega e Xan Duro a deixar tamén unha mensaxe de coidado do medio ambiente. Ademais, fixéronlles entrega dun pano da expedición.

Catro anos de Camiño
Dende 2014 o Campamento realiza esta quenda para mozos e mozas de entre 13 e 17 anos, coa idea de educalos para vivir en equilibrio coa Terra e coa xente, aproveitando a experiencia do Camiño de Santiago. Durante estes días viven en íntimo contacto coa natureza galega, cos seus castiñeiros e carballos, ao mesmo tempo que coñeceron a peregrinos e peregrinas procedentes de

Compartir: