EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Publicada a listaxe definitiva de admitidos/as na Escola Municipal de Música e apertura da matrícula

24/07/2018 Finalizado o período de reclamacións ás listas provisonais de admitidos/as, o Departamento de Educación publicou este martes a listaxe definitiva de admitidos/as na Escola Municipal de Música de Santiago para o vindeiro curso 2018/19. Deste xeito, ábrese o proceso de matrícula do 24 ao 31 de xullo.

Os/as solicitantes que o desexen poderán realizar as consultas que consideren a partir de hoxe na Escola Municipal de Música, a través dos teléfonos 981 528 701, 881 956 924 ou 636979527, ou acudindo á propia EMM, situada na Finca Vista Alegre, na rúa Salvadas).

A matrícula formalizarase na Secretaría da EMM do 24 ao 31 de xullo. De non formalizarse a matrícula no período correspondente decaerá o dereito á praza obtida e terase por desistido/a da solicitude, arquivándose o expediente e non figurando nas listas de agarda.

Compartir: