Centros socioculturais

Actuación do grupo teatral das Aulas da Terceira Idade no CSC de Vite

03/05/2005 O espectáculo inclúe varios contos de Hans Christian Andersen, así como unha pequena mostra de cancións infantís e xuvenís, tanto en lingua galega como en castelán, recuperadas polos alumnos das Aulas da Terceira Idade de Santiago de Compostela.

O próximo venres, día 6 de maio, o grupo de teatro ATIDE, das Aulas da Terceira Idade de Santiago, realizará un recital-homenaxe a Hans Christian Andersen con motivo da celebración do bicentenario do seu nacemento no Centro Sociocultural de Vite.

O espectáculo inclúe varios contos de Hans Christian Andersen, así como unha pequena mostra de cancións infantís e xuvenís, tanto en lingua galega como en castelán, recuperadas polos alumnos das Aulas da Terceira Idade de Santiago de Compostela.

O grupo de teatro ATIDE, fundado no 1978 baixo a dirección de Rodolfo López-Veiga Ponte, recén inauguradas as Aulas da Terceira Idade, está formado por 19 alumnos maiores de 50 anos e actualmente está dirixido por María Montaña.
O espectáculo dará comezo ás 19.30 horas e a entrada é gratuita.

Compartir: