CULTURA

Ciclo de cine sobre dereitos humanos no Principal

15/01/2007 Os dereitos humanos son os protagonistas dun novo ciclo de cine no Teatro Principal. Do 15 ao 21 de xaneiro, os espectadores poderán asistir á proxección de filmes coma "O Pesadelo de Darwin", "Hanna K", "Estrelas da liña" ou "O crime de Cuenca". As sesións serán ás 20:30 e ás 22:30 horas.

Na presentación do ciclo, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, indicou que este "conxuga o interese dos contidos coa calidade cinematográfica". Lembrou que "na case totalidade de países hai momentos que se vulneran os dereitos humanos" e fixo unha chamada á "concienciación activa" dos cidadáns.

As proxeccións comezan con "O pesadelo de Darwin", un filme sobre a sostibilidade económica e ecolóxica. Ao longo de sete días haberá tempo para temas coma o conflito palestino-israelí ("Domicilio Privado" e "Hanna K"), a discriminación en Guatemala ("Éstrelas da liña"), o xenocidio en Ruanda ("Hotel Rwanda"), a ditadura arxentina ("A noite dos lápices") ou as condenas xudiciais inxustas ("O crime de Cuenca").

Documentos relacionados



Compartir: