URBANISMO

Adxudicada a redacción do anteproxecto do campo de golf de Bando

15/01/2007 A Xunta de Goberno local adxudicou a asistencia técnica para a redacción do Plan de sectorización do SUND-39 (Campo de Bando) e do anteproxecto dun campo de golf, por un importe de 258.461 euros.

Catro foron as ofertas presentadas para esta redacción, que finalmente recaeu na UTE Oficina de Planeamento-Proyfe. Tal como indicara o alcalde, este proxecto deberá estar listo nun prazo de seis meses.

En Bando construirase un campo de golf de aproximadamente medio millóns de metros cadrados. Este espazo contará tamén cu uso residencial (308 vivendas) e con diversas dotacións deportivas, hostaleiras e sociais. O proxecto inclúe a construción dunha depuradora soterrada de auga, que dará servizo aos veciños de Lavacolla.

Este plan está pendente do aproveitamento do solo que finalmente se acorde con Defensa. O Concello está á espera da resposta do Ministerio respecto da proposta de convenio remitida.

Compartir: