ALCALDÍA

O alcalde asiste á apertura do Pórtico da Gloria tras a súa restauración

02/07/2018 O alcalde, Martiño Noriega, asistiu esta mañá á inauguración do Pórtico da Gloria, despois do proxecto de conservación e restauración ao que foi sometido dende o ano 2009. O acto estivo presidido pola raíña Dona Sofía.

O director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, foi o encargado de explicar o proxecto de restauración, antes de que Dona Sofía descubrira unha placa conmemorativa. No acto tamén participaron a presidenta do Congreso, Ana Pastor; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o ministro de Cultura e Deporte, José Guirao; o presidente do Parlamento Galego, Miguel Ángel Santalices; o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada; o arcebispo de Santiago, Julián Barrio; e o presidente da Fundación Barrié, José María Arias.

A restauración do Pórtico do Gloria comezou cos estudos elaborados no ano 2009. A obra do Mestre Mateo estaba nunha situación crítica, con constantes desprendementos de material e complexos mecanismos físico-químicos de degradación dos materiais. Nas obras investíronse 6,2 millóns de euros, e a restauración do Pórtico da Gloria foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié.

Compartir: