INFRAESTRUTURAS

Os veciños de Villestro desfrutan xa dos seus renovados vieiros

14/01/2007 O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, achegouse ata Villestro para coñecer á nova directiva da asociación de veciños e visitar canda eles as obras realizadas na parroquia.

Alcalde e veciños intercambiaron propostas e percorrerán os distintos lugares da parroquia nos que se teñen levado a cabo obras de mellora durante os últimos meses. Na zona de Roxos-Villestro houbo actuacións de mellora en vieiros e estradas por valor de 366.818 euros, en concreto nos lugares de Feáns, Vilastrexe, Carballal, Piñeiro, Silvouta, Quintáns Reborido e Trasiglesia.

Ademais, substituíronse as luminarias de 80 watios de mercurio existentes ata o de agora por novos brazos de luz de sodio de alta presión. A nova iluminación por valor de 60.000 euros está funcionando nos lugares de Reboreda, Igrexa, Portela, Carballal, Piñeiro, Pedrido e Silvouta.

Compartir: