IGUALDADE

Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista

26/06/2018 A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o asasinato machista dunha muller en Zaragoza.

A alcaldesa en funcións, María Rozas, e outros/as integrantes da Corporación participaron neste acto, no que se gardou un minuto de silencio en recordo da muller asasinada, de 37 anos. Volveuse dar así cumprimento á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro de 2015, que fixa accións de dó e solidariedade por cada asasinato machista.

No que vai de ano, 17 mulleres foron asasinadas polas súas parellas ou exparellas en casos de violencia machista, a expresión máis extrema da desigualdade social que sofren as mullere. O Goberno municipal e o conxunto da Corporación condenan firmemente a violencia de xénero, e queren amosar a súa máxima solidariedade coas familias de todas as mulleres asasinadas.



Compartir: