VÍAS E OBRAS

O alcalde e os veciños da Gracia visitaron as obras realizadas na parroquia

13/01/2007 Xosé A. Sánchez Bugallo realizou unha visita á parroquia da Graza para percorrer cos veciños as obras de saneamento, as melloras nos viais e o novo alumeado público.

O encontro serviu para intercambiar pareceres sobre as necesidades da parroquia. Alcalde e veciños falaron no transcurso dunha visita polos lugares nos que se teñen acometido obras municipais nas últimas datas.

A Concellaría de Vías e Obras, responsabilidade de Bernardino Graña, destinou ao arranxo de pavimentos e camiños unha partida de 72.000 euros. No alumeado público instalado entre o Tambre e a Xesteira investíronse 60.000 euros. Por último, o saneamento entre o Son e o Polígono do Tambre contou cun orzamento de 213.000 euros.

Compartir: