ALCALDÍA

O alcalde súmase á celebración do 50 aniversario do CEIP Quiroga Palacios

22/06/2018 O alcalde, Martiño Noriega, sumouse hoxe á conmemoración do 50 aniversario do CEIP Quiroga Palacios, que celebrou unha gran festa aberta ao barrio de Conxo. Tamén o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, participou nos actos.

Coa festa celebrada na mañá de hoxe pechouse unha semana chea de actividades no CEIP Quiroga Palacios. Ademais de música, na praza próxima ao centro houbo postos de artesanía, libros e mesmo gastronomía. Toda a comunidade educativa do colexio participou activamente na programación.

Compartir: