XUNTA DE GOBERNO

Aprobadas as bases da nova convocatoria de axudas do "bonotaxi"

22/06/2018 A Xunta de Goberno aprobou hoxe as bases da convocatoria das axudas individuais para o uso do servizo de taxi como medio alternativo para as persoas con dificultades de mobilidade. O orzamento previsto para a convocatoria é de 15.000 euros.

A convocatoria deste ano introduce numerosas novidades con respecto á realizada en 2017, co primeiro obxectivo de ampliar o número de posibles persoas destinatarias. Así, este ano poderán optar ás axudas as persoas que teñan recoñecido legalmente problemas de mobilidade, as persoas con discapacidades superiores ao 33%, e as persoas maiores de 65 anos que residan no rural. Tamén mudaron algúns requisitos de acceso. Así, desaparece a obriga de ter un tempo mínimo de empadroamento en Santiago e increméntase o límite de recursos para ter accesos ás axudas, que queda fixado en 19.362,24 euros anuais.

En canto ás contías a percibir, o máximo increméntase a 350 euros, 50 euros máis que na pasada convocatoria. Tamén se amplía o período de xustificación das axudas ata o 30 de novembro.

Encamíña (T) ao Emprego
A Xunta de Goberno tamén acordou hoxe solicitar unha subvención do Fondo Social Europeo para a posta en marcha do programa Encamíña (T) ao Emprego 2019-2021. Trátase dun proxecto para a integración laboral de persoas maiores de 45 anos ou paradas de longa duración, orzado en case catro millóns de euros. A axuda que se solicita é de 3,1 millóns de euros.

Ademais, hoxe aceptáronse dúas subvencións da consellería de Economía, Emprego e Industria. Unha delas, por importe de 206.000 euros, está dirixida á contratación de 20 traballadores e traballadoras desempregados perceptores da RISGA. A outra, de 6.400 euros, terá como destino a contratación temporal de dous traballadores/as

Documentos relacionados

Direccións relacionadas



Compartir: