CENTROS CÍVICOS

Regresa o ciclo "Liñas Paralelas" con dúas sesións de contos composteláns no CSC da Trisca

22/06/2018 O mércores 27 de xuño e o martes 3 de xullo, ás 21:00 horas, o Centro Sociocultural da Trisca acollerá dúas novas sesións de Liñas Paralelas, o ciclo de relato e breve e música.

Desta vez, Pepe Sendón tráenos os seus "Contos composteláns", un compendio de relatos, evocacións e memorias das rúas de Santiago. Como sempre, a música poraa Suso Alonso ao piano.

Compartir: