EDUCACIÓN

O IES Lamas de Abade, gañador do programa "Coñecer as cidades patrimonio" viaxa a San Cristóbal de La Laguna

03/05/2005 Ata o 5 de maio, os rapaces de Lamas de Abade participarán nunha serie de actividades de coñecemento da cidade e de lecer, como premio ao seu traballo "Telelaguna".

Desde o luns 2 de maio, o grupo gañador da cidade de Santiago de Compostela no programa "Coñecer as cidades patrimonio" do departamento de Educación, pertencente ao IES Lamas de Abade, está en San Cristobal de La Laguna, participando nunha serie de actividades de coñecemento da cidade e de lecer, como premio ao seu traballo "Telelaguna", que foi presentado ao programa "Coñecer as cidades patrimonio" nesta cuarta edición. O seu regreso está previsto para o día 5 de maio.

O programa de actividades previsto para os dezaoito alumnos de cuarto da ESO que gañaron o certame inclúe a visita ao parque temático "Loro Parque" (Puerto de la Cruz), un paseo por Puerto de la Cruz, unha excursión por Anaga (Sendero Cruz del Carmen-Las Carboneras e unha subida ao Teide, entre outras actividades.

"Coñecer as cidades patrimonio"

Este programa, que xa vai pola cuarta edición, pretende que os alumnos de educación secundaria obrigatoria que viven e estudan en cidades patrimonio da humanidade de España aprendan a coñecer e valorar non só a súa cidade, senón o resto de cidades que ostentan o mesmo título, a través de traballos realizados nas aulas por grupos de alumnos de ESO, dirixidos polos seus profesores, sobre temas previamente determinados.

O tema de traballo proposto nesta edición do programa foi "As prazas nas cidades patrimonio".

Compartir: