INFORMÁTICA
O proxecto que xa está en marcha permitirá dotar ao Concello de Santiago dunha plataforma de administración electrónica que inclúa unha sede electrónica, un rexistro electrónico e un novo xestor de expedientes. Tamén permitirá modernizar a xestión tributaria e de tesourería ou a xestión do padrón de habitantes.
Seguen as xuntanzas para a implantación da Administración Electrónica
21/06/2018 Este xoves celebrouse unha nova reunión para avanzar na implantación da Administración Electrónica no Concello de Santiago. Desta vez, a xuntanza xirou en torno ao proxecto denominado Estima, relacionado coa xestión tributaria e a recadación. O Goberno municipal destinará máis de 1,8 millóns de euros á nova plataforma de Administración Electrónica.
Este é o proxecto de mellora da Administración municipal máis relevante da historia recente do Concello de Santiago, e prevese un prazo de dous anos para a súa conclusión total. O obxectivo último é facilitarlle á veciñanza a súa relación coa Administración e permitirlle realizar a maioría dos trámites desde as súas casas, de forma telemática.O proxecto que xa está en marcha permitirá dotar ao Concello de Santiago dunha plataforma de administración electrónica que inclúa unha sede electrónica, un rexistro electrónico e un novo xestor de expedientes. Tamén permitirá modernizar a xestión tributaria e de tesourería ou a xestión do padrón de habitantes.