MOCIDADE
Proxeccións comentadas
Noa Morales salientou que, ademais das proxeccións, "haberá unha pequena presentación de cada película, para contextualizala no momento histórico no que está ambientada e mesmo no que foi estreada". Esa presentación correrá a cargo da actriz compostelá Arantza Vilar, integrante do elenco de As Fillas Bravas, e de Sergio Zearreta, actor vasco asentado en Galicia, membro de Lamatumbá e da Banda dos Crebinsky.
Todas as proxeccións serán a partir das 22:30 horas. O ciclo abrirase con Good bye Lenin o 25 de xuño. Nos seguintes días poderanse ver Cinema Paradiso, A moza danesa, e A lingua das bolboretas. O ciclo pecharase con Moonlight.
No caso de chuvia, a actividade trasladarase ao Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga.
A Concellaría de Mocidade organiza un ciclo de cine ao aire libre na Alameda
19/06/2018 A Alameda de Santiago acolle a próxima semana un ciclo de cine ao aire libre, unha actividade organizada pola Concellaría de Mocidade con cargo aos Orzamentos Participativos Compostela Decide 2018.
A concelleira Noa Morales presentou hoxe a actividade, "unha das que tivo máis apoios no proceso". A responsable de Mocidade explicou que no ciclo, que se vai desenvolver do 25 ao 29 de xuño, poderanse ver "grandes películas que, ademais, foron elixidas a través dunha votación aberta no Facebook da Concellaría, de entre unha lista presentada pola persoa que presentou a proposta no marco do Compostela Decide".Proxeccións comentadas