ALCALDÍA

O campo de golf de Bando disporá dunha superficie de medio millón de metros cadrados

12/01/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que a Xunta de Goberno do luns 15 adxudicará a redacción do Plan de sectorización do Sund-39 (Campo de Bando). Nesta superficie construirase un campo de golf para o que se reserva medio millón de metros cadrados. Tamén se levantarán 308 vivendas, diversas dotacións deportivas, hostaleiras e sociais, e unha estación depuradora de auga soterrada.

Catro foron as empresas que presentaron as súa propostas para redactar este proxecto, que deberá estar listo nun prazo de seis meses. Sánchez Bugallo indicou que a previsión do Concello é a de acometer a realización desta actuación a finais de 2007 ou principios de 2008.

Respecto ao estado das negociacións con Defensa para o aproveitamento deste solo, o alcalde lembrou que o Ministerio dispón xa da proposta de convenio elaborada polo Concello. Nas vindeiras semanas podería producirse a resposta definitiva ao respecto.

Compartir: