ALCALDÍA

Máis de 200 veciños e veciñas da parroquia de Marrozos rematan a súa peregrinación pola Vía da Prata

09/06/2018 A concelleira de Turismo, Marta Lois, recibiu os/as participantes na peregrinación pola Vía da Prata organizada pola Asociación de Veciños de Marrozos. Tamén participaron no encontro o voceiro popular, Agustín Hernández, e o concelleiro socialista Gonzalo Muíños.

Máis de 200 persoas da parroquia compostelá de Marrozos realizaron o Camiño seguindo a Vía da Prata. Con saída en Allariz, os/as peregrinos/as fixeron a ruta en cinco etapas duns 20 quilómetros en xornadas de sábado. Nesta última etapa tiveron a oportunidade de pasar pola súa propia parroquia antes de dirixirse á praza do Obradoiro.

Compartir: