CULTURA

"Corpos disidentes": teatro conceptual no Principal

11/01/2007 A performance, o teatro, a danza e o audiovisual mestúranse no espectáculo "Corpos disidentes", que se estrea o 12 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal. Esta arriscada proposta faina realidade unha nova compañía, Nut Teatro, dirixida por Carlos Neira.

"Corpos Disidentes" é un espectáculo multimedia que se enmarca no teatro de tipo conceptual-performativo. Aborda o tema do transxénero, "pero entendido dende unha perspectiva ampla que parte da consideración do corpo como realidade obsoleta e da identidade como construción socio-simbólica". A obra estrutúrase en tres bloques: construción, reconstrución e deconstrución, precedidos dun prólogo e seguidos dun Epílogo. As actrices Andrea Álvarez, Xiana López, Nerea Barros, Iria Sobrado encárganse de levala a cabo.

Compartir: