CENTROS CÍVICOS

Segunda entrega este sábado de "Cousas de Conxo contadas polos de Conxo"

08/06/2018 Mañá sábado, 9 de xuño, celebrarase a segunda sesión de encontro "Cousas de Conxo contadas polos de Conxo". Unha nova oportunidade para coñecer de primeira man as historias que forman parte da identidade de Conxo, contadas polos seus veciños e veciñas de máis idade. A cita é ás 18:00 horas no Centro Sociocultural "Aurelio Aguirre" de Conxo.

Participarán María del Carmen Fernández Corrales, Carmen Álvarez Fraga, Manuel Barral Montero, Jesús García Maza, Manuel Villar Rodríguez, Manuela Fernández Lestón, Virtudes del Río e Jesús Lodeiro Puentes. O encontro será conducido polo veciño José Luis Vázquez Castro.

Compartir: