ALCALDÍA

O Goberno local colabora coa Asociación Española contra o Cancro

07/06/2018 Un ano máis, o Goberno de Compostela colabora coa Asociación Española Contra o Cancro, na súa tradicional campaña de recollida de fondos. A alcaldesa en funcións, María Rozas, foi desta vez a encargada de facer entrega do donativo para colaborar coas actividades da entidade.

María Rozas estivo esta mañá nunha das 19 mesas instaladas pola Asociación Española Contra o Cancro en Santiago. Na visita, a alcaldesa en funcións tivo oportunidade de coñecer un pouco mellor a actividade que desenvolve a entidade en Compostela coa súa presidenta Luz María Hernández.

Rozas puxo en valor "a encomiable labor que desenvolve a asociación e as persoas voluntarias, para apoiar ás persoas enfermas de cancro e ás súas familias". Pola súa parte, a presidente da Asociación en Santiago agradeceu "a colaboración que vén demostrando o Concello de Santiago", e explicou que o diñeiro recadado ao longo do día de hoxe "será destinado fundamentalmente a investigación, que é fundamental para que as persoas diagnosticadas de cancro poidan superar a enfermidade"

Compartir: