ALCALDÍA

O alcalde compostelán acóllese ao seu dereito ao permiso de paternidade

01/06/2018 O alcalde de Santiago acollerase ao seu dereito ao permiso de paternidade tras o nacemento do seu segundo fillo. María Rozas exercerá de alcaldesa en funcións durante a ausencia de Martiño Noriega, nas próximas catro semanas.

O seu permiso de paternidade non impedirá que o alcalde participe en determinados actos de representación e mesmo en reunións que sexan consideradas especialmente relevantes. Do mesmo xeito, Martiño Noriega ten previsto presidir o pleno ordinario do mes de xuño.

Ao igual que o alcalde, tamén o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade vén de acollerse ao seu dereito ao permiso de paternidade. Durante a súa ausencia, as competencias de Jorge Duarte son asumidas por Xan Duro.

Compartir: