CENTROS SOCIOCULTURAIS

O local social de Cardeal Quiroga gaña a sétima edición do concurso de beléns

10/01/2007 O departamento de Centros Socio Culturais fixo público o resultado do concurso de beléns e de decoración de Nadal convocado dentro da súa rede de equipamentos. Este ano foron 11 os centros que se presentaron.

O resultado da sétima edición do concurso foi o seguinte: o primeiro premio recaeu no belén composto polo Local Social Cardeal Quiroga; o segundo deles foi para o Centro Sociocultural A Trisca; e o terceiro para o centro de Conxo. Así mesmo, este ano outorgóuselle unha mención especial ao Centro Sociocultural das Fontiñas pola decoración xeral de todo o edificio.

Os criterios que primaron a hora de ter en conta os traballos foron, sobre todo, a orixinalidade, a utilización de materiais reciclados, a contextualización no barrio e no entorno do local e a idade dos participantes.

A entrega de premios terá lugar o día 19 de xaneiro ás 20.00 no Local Social de Cardenal Quiroga, e estará presidida pola concelleira delegada de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón.

Compartir: