ALCALDÍA

A CONGAPA solicita a colaboración municipal para a busca dunha nova sede

09/01/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi á vicepresidenta da Confederación Galega de Asociacións de Pais de Alumnos (CONGAPA), Paz de Bescansa.

Esta manifestoulle a necesidade de buscar un novo espazo para a entidade, posto que o dispoñible no Colexio da Inmaculada ten quedado pequeno polo aumento do número de asociados. Sánchez Bugallo manifestoulle a súa disposición a colaborar neste cometido.

Compartir: