ALCALDÍA

Martiño Noriega recibiu a Stanley B. Prusiner, Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1997

23/05/2018 O alcalde compostelán, Martiño Noriega, recibiu o profesor Stanley B. Prusiner, Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina 1997, que está na cidade no marco do programa ConCiencia, promovido pola USC e o Consorcio de Santiago. O científico asinou no Libro de Honra.

Antes deste encontro, o alcalde asistiu no Palacio de Congresos á conferencia que Stanley B. Prusiner ofreceu co título "Unha visión unificada da bioloxía e as enfermidades priónicas". O investigador estadounidense gañou o máximo galardón mundial por descubrir os prións, un novo principio biolóxico de infección que causa enfermidades neurodexenerativas mortais como a enfermidade de Creutzfeldt-Jakob (ECJ) ou a doenza das vacas tolas,

Compartir: