CONSORCIO
A igrexa presentaba tamén problemas de filtracións da auga da chuvia polos beirados das fachadas lonxitudinais. As fachadas exteriores están protexidas con revoco en bo estado de conservación, aínda que o acabado de pintura necesitaba dunha renovación.
Por outro lado, o templo contén no seu interior tres retablos, un principal no altar e dous en posición lateral. "A madeira destes retablos estaba afectada pola couza, polo que urxía unha rápida intervención de cara á súa eliminación", indica a arquitecta.
As actuacións no templo
Na cuberta substituíuse a cubrición de tella por outra nova de características semellantes á existente. Nas fachadas exteriores do edificio aplicouse unha pintura acrílica microporosa, transpirable ao vapor de auga. E ante a afectación pola couza dos retablos, procedeuse á súa interceptación e eliminación, antes de que comezasen a afectar á estrutura de madeira do inmoble.
A igrexa de Santo André de Barciela xa cumpriu o centenario da súa construción, xa que se trata dun templo modernista construído en 1917.
O Consorcio de Santiago remata as obras na igrexa de Santo André de Barciela
16/05/2018 No marco das actuacións que o Consorcio de Santiago leva a cabo no patrimonio do termo municipal, e moi estreitamente relacionado coa cidade histórica e os Camiños de Santiago, interveuse na igrexa de Santo André de Barciela, situada na parroquia homónima. Esta actuación, desenvolta pola empresa Obras Gallaecia S.L., contou cun orzamento global de 37.412,32 euros.
A arquitecta da Oficina Técnica do Consorcio responsable deste proxecto é Lourdes Pérez. Sinala que a intervención centrouse na cuberta e nas fachadas do inmoble. E explica que "toda a estrutura vertical e horizontal da igrexa atopábase en bo estado de conservación. Non así a cubrición de tella, que estaba envellecida, con pezas fisuradas e rotas. Ademais, a tella da metade inferior de todos os faldróns tiña sufrido corrementos, co consecuente perigo de caer á vía pública".A igrexa presentaba tamén problemas de filtracións da auga da chuvia polos beirados das fachadas lonxitudinais. As fachadas exteriores están protexidas con revoco en bo estado de conservación, aínda que o acabado de pintura necesitaba dunha renovación.