ALCALDÍA

Compostela acolleu o acto central da celebración do Día Mundial da Cruz Roja e a Media Luna Roja

08/05/2018 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asistiu no Palacio de Congresos ao acto de conmemoración do Día Mundial da Cruz Roja e a Media Luna Roja en España. O evento estivo presidido pola Súa Maxestade a Raíña Dona Letizia.

Cruz Roja celebra este ano o seu Día Mundial baixo o lema "Comprometidos coas persoas e o medio ambiente". No transcurso do acto, a Organización distinguiu coa súa Medalla de Ouro á empresa empresa ECOALF; á Fundación ECODES; ao programa de educación medioambiental "Voz Natura", de La Voz de Galicia; á Fundación Biodiversidad; ás científicas Uxua López, Alicia Pérez-Porro, Ana Payo e Alexandra Dubini, participantes na iniciativa Homeward Bound Project; e á Cruz Roja Etíope; polo seu esforzo, solidariedade e compromiso co medio ambiente.

O 8 de maio celébrase o Día Mundial da Cruz Roja e da Media Luna Roja en lembranza da data de nacemento do seu fundador, Henry Dunant.

Compartir: