EDUCACIÓN E CIDADANÍA

A Escola Municipal de Música celebra o seu Festival de Música e Movemento

07/05/2018 Este martes 8 e o mércores 9 de maio, ás 18:30 horas, o Auditorio Abanca acollerá o Festival de Música e Movemento que tradicionalmente organiza o Departamento de Música e Movemento da Escola Municipal de Música. Este evento ten por finalidade dar a coñecer o traballo desenvolvido ao longo destes meses na Escola. Participarán máis de 185 alumnos e alumnas de idades comprendidas entre os 3 e os 7 anos, acompañados/as do profesorado da EMM e das súas familias.

"Hoxe soñei ser..." é o título dun festival no que, a través de 15 pezas musicais, se pon en valor a capacidade de imaxinar e de "soñar ser" dos e das nenas, facendo un especial fincapé nun modelo feminista da educación. O obxectivo principal deste traballo é, por medio da música, rachar cos esterotipos e cos roles asociados aos xéneros dende as idades temperás a prol dunha educación liberadora da persoa por riba das expectativas asociadas tradicionalmente aos xéneros; masculino, feminino, trans ou intersex.

Compartir: