Auditorio de Galicia

Frans Brüggen dirixe á Real Filharmonía de Galicia e ao violinista Thomas Zehetmair

03/05/2005 O xoves 5 de maio ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia, auspiciada polo Consorcio de Santiago, baixo a batuta do director Frans Brüggen, interpretará a obra de J. Ph. Rameau (1683-1764) "Naïs" e de Ludwig van Beethoven (1770-1827) "Concerto para violín en Re maior", op. 61. Como solista, estará o prestixioso violinista Thomas Zehetmair.

Frans Brüggen é considerado un dos mellores expertos en dirección da música dos séculos dezaoito e dezanove.
En 1981 fundou a Orchestra of the Eighteenth Century, formada por sesenta membros e dezanove países. A orquestra reúnese tres veces ao ano para realizar xiras. Os seus compoñentes, que son todos especialistas na música dos séculos dezaoito e dezanove, tocan instrumentos da época, ou copias contemporáneas.

As actividades de Frans Brüggen como director inclúen colaboracións recentes como coa Royal Concertgebouw Orchestra, Orchestra of the Age of Enlightenment, Leipzig Gewandhaus Orchestra, Chamber Orchestra of Europe, Israel Philharmonic, London Philharmonic Orchestra, Tonhalle Orchestra de Zürich, Orchestre de París e a Scottish Chamber Orchestra.
En outubro de 1992 Frans Brüggen foi nomeado principal director convidado, xunto con Simon Rattle, da Orchestra of the Age of Enlightenment. En 1997 recibiu o Premio Internacional de Música da UNESCO.
Desde 1998 ata o 2000 foi o principal director invitado da Orchestre de París. En decembro de 2001 debutou coa London Philharmonic Orchestra dirixindo as tres primeiras Sinfonías de Beethoven no Royal Festival Hall en Londres, e volveu en 2004 dirixindo A Creación de Haydn.
As próximas temporadas, Frans Brüggen seguirá traballando coa Philharmonia Orchestra en Londres, Zurich Tonhalle Orchestra; a Scottish Chamber Orchestra e a Radio Kammerorkest Hilversum (como director principal), a Orchestre de París e a Stavanger Symphony Orchestra. Continúa tamén coas súas xiras e gravacións coa Orchestra of the Eighteenth Century.

Thomas Zehetmair, violín
Thomas Zehetmair é un dos violinistas máis significativos da súa xeración. Desenvolveu unha exitosa carreira internacional, e tanto o público como os críticos están entusiasmados con el como solista, como músico de cámara e director.

Thomas Zehetmair foi invitado polas orquestras europeas e americanas máis importantes, e aparece como invitado regular do Royal Concertgebouw Amsterdam, da Chamber Orchestra of Europe, das Berlin e Vienna Philharmonic, da Staatskapelle Dresden, das orquestras alemás sinfónicas e da NHK Tokyo Orchestra así como da Boston Symphony Orchestra, da Philadelphia Orchestra e da Cleveland Orchestra. Actúa con directores famosos tales como Daniel Barenboim, Herbert Blomstedt, Frans Brüggen, Christoph von Dohnanyi, Christoph Eschenbach, John Eliot Gardiner, Nikolaus Harnoncourt, Heinz Holliger, Charles Mackerras, Roger Norrington, Simon Rattle, Esa Pekka Salonen e Jukka-Pekka Saraste.

Representou en numerosas ocasións as estreas de numerosos concertos de violín, como o escrito recentemente para el por Heinz Holliger e os concertos de violín de James Dillon e Hans-Jürgen von Bose.

Como músico de cámara, Thomas Zehetmair toca con distinguidos compañeiros e en diferentes formacións. En 1994 formou o internacionalmente recoñecido Zehetmair Quartet. As súas gravacións dos cuartetos de corda de Schumann reciben o "Diapason d’Or de l’Année", o Premio Gramphone "Recording of the Year" e o Premio da Crítica Musical Belga.

Gañou o premio Gramophone en 1997 pola súa gravación dos Concertos de Violín de Szymanowski coa Orquestra Sinfónica da cidade de Birmingham e Sir Simon Rattle. A súa gravación do Concerto de Violín de Beethoven e de Romances coa Orchestra of the 18th Century dirixido por Frans Brüggen, foi engadida ao catálogo pola súa importancia.

Nos últimos anos, Thomas Zehetmair comezou a súa segunda carreira como director: comprometeuse como director artístico da Northern Sinfonia na temporada 2002/03.
Invitado pola Orquestra Sinfónica de Barcelona, Thomas Zehetmair presentará o Festival Mozart como director artístico e musical en setembro de 2005.
Thomas Zehetmair posúe o doutoramento honorario da Academia de Música en Weimar.

Compartir: