EDUCACIÓN E CIDADANÍA

A Escola Municipal de Música e Circonove ofrecen este sábado un concerto con motivo do Día Internacional do Circo

20/04/2018 Este sábado 21 de abril, ás 12:30 horas, a Finca de Vista Alegre terá lugar Concerto Extraordinario Día Internacional do Circo, protagonizado pola Escola Municipal de Música e a compañía Circonove. A sesión musical terá lugar diante do edifico da EMM, trasladándose ao interior do centro en caso de choiva.

Este concerto extraordinario será unha boa oportunidade para que a cidadanía compostelá se achegue a escoitar o traballo das diferentes agrupacións da Escola Municipal de Música e do alumnado da Escola Circonove. Nesta ocasión, circo e música únense nun espectáculo singular para todos os públicos.

No evento intervirán a Agrupación de Música Tradicional xunto co Coro de Adultos da EMM, e a Banda de Música da Escola Municipal, ademais do alumnado da Escola Circonove. Escoitaranse obras da música galega, de bandas sonoras, obras orixinais para banda sinfónica e mesmo algún tema pop. Estas músicas darán soporte ao extraordinario traballo que realiza a Escola Circonove, con alumnos e alumnas con idades entre os 8 e os 12 anos.

Documentos relacionados



Compartir: