ESPAZOS CIDADÁNS

Alumnado de Socioloxía Urbana da Universidade da Coruña visita o Concello

12/04/2018 O concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, recibiu un grupo de 40 estudantes de Socioloxía Urbana e Ordenación do Territorio, da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña. Encabezaba a delegación o seu profesor, Manuel G. Docampo.

Os/as alumnos/as realizaron unha visita urbanística a Santiago, para coñecer os diferentes tipos de tecidos e momentos de crecemento da cidade, así como a actividade que se localiza nos mesmos e os tipos de espazos. Jorge Duarte explicoulles as liñas de intervención do Concello nesta materia.

Compartir: