IGUALDADE

Recepción en Raxoi ás participantes no II Encontro de Mulleres na Lusofonía

07/04/2018 O Salón Nobre acolleu está mañá a recepción ás participantes no II Encontro de Mulleres na Lusofonia: Mulheres, Territórios e Memórias. No acto participaron as concelleiras de Políticas Sociais e de Acción Cultural, Concha Fernández e Branca Novoneyra, así como as concelleiras María Antón, Mila Castro e Goretti Sanmartín.

As mulleres terán mañá domingo un evento na Casa das Mulleres "Xohana Torres" onde refelxionarán sobre o presente e futuro do feminismo no eido das mulleres lusófonas. Na súa intervención, Concha Fernández incidiu en que "tecer rede feminista é fundamental, como demostramos as mulleres durante o século XX, mais tamén na última manifestación do 8 de marzo".

Compartir: