ALCALDÍA

Recepción ao novo director do Hostal dos Reis Católicos

02/01/2007 O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao novo director do Hostal dos Reis Católicos, Francisco Contreras Alvarado, recentemente incorporado ao cargo. Na entrevista, ámbolos falaron dos plans de futuro para o parador, tan ligado á historia de Compostela.

O novo director do Hostal púxose a disposición do Concello e da cidade, e afirmou que o seu obxectivo é "manter o nivel de calidade". Como curiosidade, tamén apuntou como reto aprender o idioma galego. Contreras xa coñecía o Hostal, do que fora director adxunto entre 1996 e 1997. Na actualidade desempeñaba a dirección conxunta de dous paradores no Pirineo Catalán.

Sánchez Bugallo desexoulle sorte nesta nova etapa e apuntou que o Hostal segue a ser "hotel de referencia en Santiago". O alcalde referiuse tamén aos cambios que o turismo vén experimentando nos últimos anos, cunha menor diferenza entre temporadas altas e baixas, maior diversificación –baseada fundamentalmente no novo turismo internacional- e un traballo destinado a lograr que a estancia media sexa por máis tempo.

Compartir: