CULTURA

O Auditorio acolle unha exposicións sobre as experiencias gais e lésbicas na arte peninsular

11/05/2005 A mostra "Radicais Libres. Experiencias gais e lésbicas na arte peninsular", inaugurada o martes 10 de maio, contén obras 27 de artistas como Darío Villalba, Pepe Espaliu, Txomin Badiola e Vasco Araújo, entre outros.

A mostra "Radicais libres. Experiencias gais e lésbicas na arte peninsular", é unha produción da Concellaría de Cultura do Concello de Santiago de Compostela cunha temática inédita e pioneira no contexto peninsular.

Trátase da primeira exposición-investigación que se fai na península Ibérica con criterio historiográfico arredor á experiencia do gai e do lésbico en Portugal e España. Anteriormente, houbo investigacións e exposicións que fixeron posíbel este proxecto, pero todas elas trataban cuestións de xénero dende unha perpectiva máis xeneralista e ampla.

É esta unha investigación referida ao mundo das experiencias, reflexións, investigacións e representacións gais e lésbicas na arte. Así, a presente exposición reúne a obra de 28 artistas de España e de Portugal que fixeron da homosexualidade unha fonda marca na súa obra artística.

Desde a sensibilidade orientalizante, da rareza e o singular de Morcillo, ata a mirada canalla, pornográfica e desestabilizadora do sistema Nazario, pasando pola visión sucia e onanista de Pedro Gomes fronte ao cántico espiritual que proclama "El nido" de Pepe Espaliu.

Tamén está presente nesta mostra a loita en torno á SIDA de Miralles e a publicidade; a ópera de Araújo e a moza teenager de internado de Pérez Quiroga; a reinvidicación da simboloxía gai post Stonewall de João Pedro Vale xunto cos debuxos dun eu consumido entre varias sombras de Lorca; o sexo ritualizado de Pérez Villalta e a poética atopada na pornografía baixada de Internet por Nuno Alexandre; o xogo de mesa que suxire "investimentos" e sexuais "inversións" sexuais en Del Pozo Barriuso; xunto cunha natureza propia para o encontro sexual en Roberto González que se enfronta coa abafante atmosfera de homes en convivencia obrigada, camuflados e enmascarados que representa Badiola. E é que espíritos tan influíntes na historia da humanidade como Miguel Anxo, Leonardo ou Caravaggio fixeron da súa propia experiencia homosexual un turbador tornado de sabedoría universal.

Documentos relacionados



Compartir: