POLÍTICAS SOCIAIS

Un "X" solidario para axudar ás persoas máis vulnerables

05/04/2018 A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, participou na praza do Obradoiro do acto simbólico "Marca o X solidario", organizado por EAPN Galicia, CERMI Galicia e Coordinadora Galega de ONGD.

O acto serviu para presentar esta iniciativa solidaria, mediante a que se convida á cidadanía a marcar un "X" no apartado de "Actividades de Interese Social" na Declaración da Renda, cuxa campaña vén de comezar. Este sinxelo xesto permite destinar o 0,7 % dos impostos declarados polo contribuínte a programas que realizan as ONG.

Direccións relacionadas



Compartir: