ACCIÓN CULTURAL
Venda de entradas
As entradas para o evento poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 h de martes a sábado), en entradas.abanca.com ou no 981 910 522. Teñen un prezo de 12 euros, cos descontos habituais do 50% para desempregados, estudantes, maiores de 65 anos, menores de 25 anos, xubilados, familias monoparentais, familias numerosas e perceptores de rendas sociais.
Casa O’Rei
Manolo Rei, vello e enfermo, prepara un cocido e reúne a familia. A comida sempre é unha escusa. Desta vez para repartir a Casa entre as súas tres fillas. Pero o cocido sáelle cargado de traizón e desprezo, intragable polo amargor dun mundo novo, acedo e descoñecido, que trae do estranxeiro unha morte pre-conxelada e adobada con fel. O tempo, o destino e o Burger King son implacables coa sorte dos mortais que non saben seleccionar os ingredientes axeitados para elaborar as receitas da súa vida.
Ibuprofeno Teatro presenta en Compostela "Casa O’Rei", obra coa que pecha a súa triloxía gastronómica
04/04/2018 A compañía Ibuprofeno Teatro presenta esta fin de semana en Compostela Casa O’Rei, obra coa que pecha a súa triloxía gastronómica tras O furancho e Raclette. Faino con dúas función, venres 6 e sábado 7, ambas ás 20:30 horas, no Teatro Principal. O espectacúlo foi presentado esta mañá polo director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López; o autor e director da obra, Santiago Cortegoso; e unha das actrices, Marián Bañobre.
Este texto de Santiago Cortegoso propón un xogo escénico e dramatúrxico a partir do Rei Lear de W. Shakespeare, ambientado nunha típica casa de comidas galega. Ao remate da representación do venres 6, teremos a #posfuncion para intercambiar opinión entre público e membros do equipo. Nela, presentada por Camilo Franco, falarase de herdanzas e sucesións con dúas avogadas especialistas no asunto, membros do equipo e, por suposto, o público. Como sempre, convídase aos asistentes a que comenten o espectáculo tanto nesta posfunción como nas redes sociais coas etiquetas #posfuncion e #euvexoteatrogalego.Venda de entradas