IGUALDADE

Comezan os obradoiros de empoderamento da muller nas parroquias do rural

20/03/2018 Este mércores 21 de marzo comeza o programa de obradoiros abertos nas parroquias de Compostela, organizado pola Concellaría de Medio Rural no marco das actividades con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. Os talleres desenvolveranse en seis centros socioculturais entre os meses de marzo, abril e maio.

Este é o segundo ano no que se realizan estes obradoiros, que buscan traballar o empoderamento e a participación das mulleres, facer visible o seu traballo e facilitar canles de apoio e orientación que reforcen a autoestima. Tamén se pretende capacitar e reforzar as habilidades das mulleres, promover a creación de redes formais ou informais de mulleres e facilitar encontros e intercambio de experiencias.

Os obradoiros comezan mañá no Centro Sociocultural de Santa Cristina de Fecha, e posteriormente abrirase a actividade nos centros de Busto, Aríns, Laraño, Lavacolla e Grixoa. Os talleres serán en horario de tarde e realizaranse catro sesións de hora e media por cada centro.

Mais información nos propios centros socioculturais ou na dirección de correo tm@santiagodecompostela.gal.

Direccións relacionadas



Compartir: