XUNTA DE GOBERNO
O alcalde, Martiño Noriega, explicou que, coa do Castelo da Rocha, "xa están aprobadas polo Ministerio todas as fichas da EDUSI enviadas nas últimas semanas". Tamén apuntou que a entrada en vigor da nova Lei de Contratos facilitará a tramitación, porque "permite iniciar a licitación das actuacións mesmo antes de recibir a aprobación do Ministerio para a incorporación á Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado".
Expedientes a empresas
Na Xunta de Goberno de hoxe, e a proposta do concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, tamén se iniciaron expedientes a varias empresas por atrasos ou mala execución dos traballos que lle foran contratados. Así, iniciouse expediente á empresa Rafer pola execución defectuosa dos traballos de repavimentación da rúa Pedreira e anexos, e á empresa Construcciones Taboada y Ramos por defectos nas obras de reparación da rúa Escarabuña e anexos. Por último, iniciouse un expediente por incumprimento de contrato á empresa Cerne, que non finalizou aínda as obras de repavimentación en varias parroquias transcorrido máis do dobre do prazo previsto no contrato.
Outros acordos
A proposta da concelleira delegada de Mocidade, na reunión de hoxe aprobouse a programación das actividades resultantes dos Orzamentos Participativos, á que se destinarán 100.000 euros. Ademais, recibiu luz verde a memoria da XVIII Campaña de Animación á Lectura e a programación do I Festival de Poesía "Alguén que respira respira - Poesía para o corpo".
Aprobada a ficha para incorporar na EDUSI o acondicionamento do Castelo da Rocha Forte
16/03/2018 A Xunta de Goberno acordou hoxe solicitar a inclusión do proxecto de acondicionamento interior do Castelo da Rocha na EDUSI, inclusión que deberá tramitar o Ministerio de Facenda. A actuación prevista está orzada en case 100.000 euros, dos que preto de 80.000 procederían de fondos europeos FEDER.
O proxecto de acondicionamento interior do Castelo da Rocha é a primeira actuación dun programa máis ambicioso que inclúe o acondicionamento dos espazos exteriores da fortaleza e a súa conexión co núcleo da Rocha Vella, cos tramos inmediatos do río Sar e co Camiño Portugués. O obxectivo é poñer en valor os restos arqueolóxicos, mellorando as condicións de seguridade e accesibilidade dos visitantes. Ademais, prevese acometer actuacións que reduzan o forte impacto visual e acústico da liña ferroviaria próxima, e que corrixan escorrentías naturais do xacemento.O alcalde, Martiño Noriega, explicou que, coa do Castelo da Rocha, "xa están aprobadas polo Ministerio todas as fichas da EDUSI enviadas nas últimas semanas". Tamén apuntou que a entrada en vigor da nova Lei de Contratos facilitará a tramitación, porque "permite iniciar a licitación das actuacións mesmo antes de recibir a aprobación do Ministerio para a incorporación á Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado".