ALCALDÍA E EDUCACIÓN

Recepción a alumnado do IES Ciudad de los Poetas (Madrid) e do IES Arcebispo Xelmírez I

15/03/2018 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu en Raxoi a un grupo de alumnos e alumnas do IES Bilingüe Ciudad de los Poetas, de Madrid, con motivo do intercambio que este centro escolar mantén co IES Arcebispo Xelmírez I.

Estes dous institutos veñen mantendo intercambios nos últimos anos. Os/as escolares madrileños permanecerán en Santiago ata o 21 de marzo. Logo serán os alumnos/as do IES Arcebispo Xelmírez I os que visiten Madrid do 4 ao 11 de abril.

Compartir: