CENTROS CÍVICOS

Fran Lareo expón no Romaño as súas esculturas en pequeno formato

13/03/2018 O Centro Cívico do Romaño acolle ata o 28 de marzo unha exposición de esculturas en pequeno formato do artista Fran Lareo. Baixo o título Seguimos imaxinando, a mostra exhibe 15 pezas realizadas cun material que o propio autor prepara e adapta no seu taller, situado en Santa Minia (Brión).

Fran Lareo empeza a crear escultura en 1999 en pedra e madeira, traballando posteriormente no seu material favorito, a medio camiño entre a pedra e a cerámica. A partir de bosquexos e esquemas, elabora cada pez asen ningún tipo de molde e decorándoa posteriormente. O autor presenta as súas pezas sen título, buscando que o espectador descubra unha idea en cada peza.

Documentos relacionados

Direccións relacionadas



Compartir: