CENTROS CÍVICOS

O Centro Sociocultural do Ensanche celebra dende este sábado o Día da Poesía e a chegada da primavera

09/03/2018 O Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche acolle dende este sábado 10 e ata o 21 de marzo diversas actividades relacionadas co Día da Poesía (21 de marzo) e co inicio da primavera (20 de marzo). O calendario abrirase cun acto simbólico, a colocación do tronco dunha árbore, que florecerá con poemas pouco a pouco grazas á colaboración dos usuarios e usuarias do centro.

A "Árbore da poesía" é unha peza de madeira na que se irán colocando follas con pequenos poemas escritos polos usuarios e usuarias do CSCXM do Ensanche. O tronco irase enchendo de follas ata o 21 de marzo, Día Mundial da Poesía.

Para escribir os versos, que poden ser propios ou copiados doutros autores, as persoas que acudan ao centro, poderán recoller as follas no mostrador de información ou na biblioteca. Tamén se poden traer poesías da casa.

Compartir: