DEPORTE

Entregados os premios do VI Circuíto CorreSan de Carreiras Saudables

26/02/2018 O Auditorio de Galicia acolleu esta tarde a sexta gala de premios do Circuíto de Carreiras Saudables Corresan, que contou coa presenza do alcalde de Santiago, Martiño Noriega; da concelleira de Deporte, Noa Morales, e do presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos. O evento estivo conducido polo locutor Pablo Ríos.

Raquel Suárez, do Urban Runners Club Santiago, e Amador Pena, do Club Deportivo Vagalume Enerxía foron os gañadores da categoría absoluta. En escolares 1, os triunfadores foron Coral Vázquez e Lucas García, e en Escolares 2, Carol Santos e Daniel Mato.

En canto aos clubs premiados, entre os equipos femininos federados destacan o CD Vagalume Enerxía, o Club Atletismo Millaraio e o Club Atletismo Fontes do Sar e, entre os populares, o Urban Runners Club Santiago e o S&R/CAS-Arca de Noé. Os clubs masculinos federados que recibiron premio foron o CD Vagalume Enerxía, o CA Santiago e o Noitebra, e, entre os populares, o S&R/CAS-Runners, o Tambre Bike&Running e Os Galgos de Compostela. Os clubs escolares premiados foron o Atletismo Fontes do Sar, o Club Atletismo Millaraio e o Club Atletismo A Estrada.

A Policía Local e Protección Civil tamén foron premiados pola organización en recoñecemento ao seu labor na seguridade das probas. O Club BTT Noitebra FC e o ADE Scouts Santiago recibiron cadanseu premio pola súa aportación no desenvolvemento do Circuíto.

Compartir: