CULTURA

Aberto o prazo de renovación de abonos do Auditorio de Galicia

27/12/2006 O Auditorio de Galicia abre o prazo para a renovación e venda de abonos para o segundo e terceiro trimestre da tempada 2006-2007. O programa deste período incluirá os concertos da Real Filharmonía de Galicia co seu director titular Ros Marbà e directores invitados como Mélanie Thiébaut, Maximino Zumalave, Paul Daniel, Edmon Colomer, Tuomas Olila, Jean Jacques Kantorov ou Frans Brüggen. Tamén haberá concertos da Orquestra Sinfónica de Galicia, da Filharmónica de Frankfurt/Oder e o Concerto Köln, entroutros.

A renovación de abonos poderá facerse ata o 29 de decembro de 2006 de 11:00 a 14:00 horas no despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Para novos abonados a venda será os días 2 e 3 de xaneiro de 2007 en horario de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas. Neses días, en indéntico horario, tamén se poden adquirir por teléfono nos números 981 571 026 e 981 573 979, mediante pago con tarxeta de crédito. Tamén hai un servizo de venda no teléfono 902 434 443 ou en www.caixagalicia.es.

O abono C de xaneiro a marzo de 2007, inclúe trece concertos, cun prezo 102 euros despois de aplicado un desconto de 15%. O abono D, que vai de abril a xuño 2007, inclúe oito concertos e o seu prezo é de 66,3 euros. As persoas que se abonan reciben as localidades de cada concerto co número de fila e butaca, que será o mesmo para todo o abono.

Compartir: