MEDIO AMBIENTE
Na plataforma están rexistrados máis de 2.000 cidadáns e conseguiuse a patrocinio de 115 establecementos do comercio e da hostalería compostelá. Outros datos que falan do éxito do programa son que, en menos dun ano, repartíronse 4.700 cheques e ofertáronse 1.500 recompensas por un valor de 12.000 euros.
O acto de entrega do premio estivo presidido pola ministra de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, e contou tamén coa presenza do presidente da Fundación Fórum Ambiental, Ramón Roca; e o director xeral de Ecoembes, Óscar Martín.
Outros galardóns
Non é o primeiro premio que recibe esta iniciativa ambiental. En decembro do 2016 tamén fio a gañadora do "Premio R de Ecoembes" na categoría de mellor campaña de sensibilización das administracións públicas. Tamén no 2016 recibiu un dos premios APROEMA Medio Ambiente 2016 e en 2017 foi recoñecido en Tallín como "Boa Práctica" en Desenvolvemento Urbano Sustentable no marco do festival do programa europeo URBACT.
Santiago, gañador do premio Cidade Sostible na categoría de xestión de residuos
18/01/2018 O galardón é outorgado pola Fundación Fórum Ambiental, co apoio do Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, e coa colaboración de Ecoembes. O concelleiro Xan Duro recolleu a distinción nun acto celebrado hoxe na sede do Ministerio, en Madrid.
Os premios "Ciudad Sostenible" teñen como obxectivo recoñecer aos municipios e entes locais supramunicipais do Estado que aposten por proxectos e actuacións dirixidas a potenciar a sustentabilidade. O Concello de Santiago recibe a distinción na categoría de xestión de residuos polo proxecto Tropa Verde SCQ, unha plataforma que fomenta a reciclaxe e a responsabilidade ambiental premiando de forma directa as boas prácticas da cidadanía e contribuíndo á redución de residuos.Na plataforma están rexistrados máis de 2.000 cidadáns e conseguiuse a patrocinio de 115 establecementos do comercio e da hostalería compostelá. Outros datos que falan do éxito do programa son que, en menos dun ano, repartíronse 4.700 cheques e ofertáronse 1.500 recompensas por un valor de 12.000 euros.