EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O Programa de Conciliación de Nadal introduciu a 30 nenos e nenas nas tradicións de varios países nestas datas

08/01/2018 O pasado 5 de xaneiro rematou outra edición do Programa de Conciliación de Nadal, que se realizou no CEIP das Fontiñas durante nove xornadas das vacacións escolares destas datas. Nesta edición participaron 30 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

Durante estes días, a través das actividades realizadas, pequenas e pequenos puideron coñecer as tradicións de Nadal de diferentes países, como Filipinas, Nova Zelandia, India, Filipinas, Sudáfrica, Suecia ou Rusia.

Pero tamén se achegaron ás tradicións propias, as de Galicia, a través dunha visita ao Museo do Pobo Galego e grazas á historia de Rosa, unha embarcación tradicional. Como despedida, as nenas e nenos participantes celebraron unha festa de despedida, con piñata mexicana e xogos musicais.

Compartir: