NADAL

O segundo día do 2018 trae actividades de Nadal para todos os públicos

01/01/2018 O segundo día do 2018 tráenos a última ocasión para gozar dunha das actividades da programación enfocadas para a familia. Ademais, continúan outros destacados da oferta deste Nadal como a pista de patinaxe sobre xeo e o Mercado de Nadal.

A programación de Nadal en Compostela non para. Este 2 de xaneiro ten como principal atractivo o último dos paseos familiares por Compostela. Son paseos que relacionan o ciclo do Nadal con Compostela e Galicia. Visitaranse espazos relacionados cos ritos típicos, os cantos e a gastronomía desta festividade, tanto no pasado coma na súa transformación ao longo do tempo e no presente. Unha oportunidade única para coñecer as tradicións máis senlleiras destas datas. A actividade é de balde e pódese participar nela previa inscrición en paseos.compostela@maos.gal.

Continúan tamén diversas actividades para todos os públicos. A pista de xeo, situada no Paseo Central da Alameda, estará aberta ata o 28 de xaneiro de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h (só centros escolares) e de 16:30 a 22:00 h (público xeral) e os sábados e domingos, de 11:00 a 22:00 h. Haberá sesións nocturnas os venres, sábados e vésperas de festivo de 22:00 a 2:00 h. Durante o período vacacional, o horario é de luns a domingos, de 11:00 a 22:00 h. As sesións nocturnas manteñen o seu horario durante este período.

Non hai que esquecer tampouco a visita ao Belén Artesanal de San Fiz de Solovio, cuxo horario é de luns a venres, de 11:00 a 15:00 h e de 17:00 a 21:00 h. Sábados e domingos, de 11:00 a 21:00 h, e do Mercado de Nadal, que continuará coa súa actividade ata o 6 de xaneiro.

Direccións relacionadas



Compartir: